Archive for novembro, 2007

nov 16 2007

Curvas, curvas,….

Creo que estou reconvirtiendome nunha maruja total. É por iso que seguindo no meu a linea dun artigo anterior: Quen non se consola, é porque non quere, vingo a reivindicar as curvas femininas: ¡Vivan as curvas! Todo isto vén porque un recente estudo demostra que as mulleres con curvas parimos nenos/as máis intelixentes: ¡Demostrado! Ou é que seica alguén dubida de que os meus nenos son moi listos? Isto é amor de nai.

Pero vaiamos ao meollo da cuestión: aos homes gústanlle as mulleres con curvas ou non?. Como o marabilloso blogspot déixame introducir unha enquisa sinxela vou probar a ferramenta e vouvos a preguntar directamente. Aproveitando que nos achegamos ás Festas Do Nadal, elixín dous anuncios de perfumes, 2 mozas guapísmas (para polo difícil), pero dous tipos de mulleres distintas, elixide vós/as á que vos parece máis actractiva, á moza das curvas ou a tipo-pau:

1. Beyonce para Armani


2. Keira Knightley para Chanel

(Por certo ao meu gústame todo o de Armani, así que se alguén algunha vez quéreme facer un agasallo, pois eu dou unha pista, igual que o meu curmán Andrés, cunha diferenza o del era necesidade, o mio é puro vicio)

Quero demostrar que o estereotipos actuais de beleza feminina non están ditados pola propia natureza humana que busca inexcusablemente a perpetuación dos propios xenes, senón polo propio gusto duns señores modistos (na súa inmensa mayoria gais) que buscan nas mulleres só perchas para os seus deseños e que nesa procura da muller pau levan a moitas jovencitas a tratar dun conseguir un corpo pouco saudable e ao meu entender pouco feminino. Moitos destes deseñadores non ven á muller como ese escuro obxecto de desexo, senón que só é un medio de colgar as súas creacións. Temos que diferenciar ás perchas das mulleres. As perchas, se me deixades simplificar son simplemente “paus” onde colgar a roupa e as mulleres somos moito máis, aínda que só sexa a nivel sexual, somos o vehículo a través do cal o home busca perpetuar a súa propia estirpe, por iso o natural é buscar mulleres boas paridoras e que dean a luz fillos fortes, sans e atractivos para o outro sexo, para que á súa vez sexan capaces de procrear, é dicir de buscar unha parella sa e reproducirse á súa vez.. Cru pero é así… Evidentemente hoxe en día o atractivo pode variar, porque a forza bruta que quizá antes aseguraba un fogar protexido, é hoxe modificado pola intelixencia, a posición social e o nivel de ingresos.

Demos a volta á tortilla, que nos parece atractivo ou “sexy” ás mulleres, a revista People publica a lista dos 100 homes máis sexys, a saber:

1. Matt Damon.

2. Patrick Dempsey

3. Ryan Reynolds

4. Brad Pitt

5. James Mcavoy.

6. Johnny Depp

7. Dave Annable

8. Will Smith

9. Javier Bardem

10. Shemar Moore

11. Ben Affleck

12. Adrian Grenier

13. Will Yun Le

14. Justin Timberlake

¿Que quereis que vos diga? Ao meu a metade deles, nin me soa, e o atractivo dalgún deles ao meu déixame indiferente. Hai que ter en conta que é dos home vivos (por iso Cary Grant non está, claro) e coñecidos polos norteamericanos, pero eu feito de menos na cabeza a George Clooney (o máis sexy o ano pasado) ¡Pobre home! debeu de morrer, porque un non pode ser o máis sexy un ano e ao ano seguinte non estar nin entre os 10 primeiros. Eu particularmente quédome co segundo: Patrick Dempsey (o resto volos podeis rifar as/os demais), aínda que eu feito en falta ao meu adorado Hugh Laurie (síntoo, pero me gustan un punto canalla, como Hugo Silva, que non está na lista porque nos USA non o coñece nin Deus, ¡que se non!). ¡Ah! e esquecíalleme ¿por qué non esta Hugh Grant? ¿eh? ¿por que? ¿por que?….

2 responses so far

nov 06 2007

O colmo do ridículo (nos dereitos de autor)

Isto dos dereitos de autor está chegando ao colmo do ridículo, hei leido en La Voz de Galicia, que os herdeiros de Edgar Rice Burroughs, o autor das noveis de Tarzán, quere rexistrar o famoso berro do home mono….. Bo, vostedes diranme a quen pertence o berro: ¿ao escritor que ideo que un home da selva gritase ou ao actor ou director que pensou como debería ser ese berro,… ? Ou é que agora, cada vez que gritemos en “plan salvaxe”, vai vir alguén da SGAE a cobrarnos un canon. Igual sería conveniente (”economicamente” falando, claro) que alguén creará un personaxe que cada vez que se lle ocorrese unha brillante idea, fose cruzando un paso de peóns, e fósese o seu signo distintivo, iso conferiríalle o dereito a que os seus herdeiros cobrarán a todos os que cruzan pensativos un paso de peóns…. ¡Ridiculo!

PD.- ¡Que ninguén me copie! Que a idea ocorréulleme a min.

No responses yet