dec 06 2007
O noso himno xa é centenario.
O noso himno galego cumpre cen anos. Concretamente se estreo na Habana o 20 de decembro de 1907 a letra é o poema de Eduardo Pondal “Os Pinos” e a música de Pascual Veiga.
Non é tan largo como eu pensaba,… ¿non?
Que din os rumorosos
na costa verdescente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
-Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
Fogar de Breogan.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os ignorantes
e férridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, dondequer, xigante
a nosa voz pregoa
a redezón da boa
Nazón de Breogán.
Anécdota: Eu xa o cantaba en Cádiz (no autobus de Marina, xunto coa a Salve Mariñeira), hai moitos, moitos anos, sin saber si quera o que significaba, pero sempre me gustou. Iso si, recordo que non pasabamos dos catro primeiros versos e sempre rematabamos co “Fogar de Breogán”, de feito, eu pensaba que o poema se chamaba así: “Fogar de Breogán”.
Primeiro unha versión das Leilia,,,,,
Esto é para non poñerme tan solemne que non é o meu estilo:
Por certo recomendovos Air Galicia ¿ou será Galiza…..? (Non me gusta nada iso de poñer os signos de interrogación só ao final das frases)