dec 09 2007

La Super-Tarta de Queixo

Publicado por contacontos ás 9:29 pm en Sen clasificar

A petición do persoal, cólgase a receita da SUPER TARTA DE QUEIXO.

Se que fago mal, porque a partir de agora, non serei xa “Carmen, a que fai a “super-tarta” de queixo”, será unha máis da chea das que fan a SUPER TARTA DE QUEIXO

Non me enrolo máis, e aí vai:

INGREDIENTES

6 quesiños (dos do Caserio de toda a vida ou similares)

6 ovos (de galiña, claro, de aveztruz non valen)

2 iogures naturais (logo utilizaremos un deles como medida do resto de ingredientes). Pódense usar de vainilla que lle dan un toque especial (truqui da casa)

4 vasos de leite (utilizamos o envase de iogur como medida)

2 vasos de nata líquida (eu vouto directamente 2 paquetes dos pequenos de nata)

3 vasos de azucre (como non me gusta moito o doce, eu vouto un pouco menos: 2 vasos ben cheos)

2 vasos de fariña.

PREPARACIÓN

Acéndese o forno á máxima temperatura (primeiro paso imprescindible)

Vanse botando todos os ingredientes nun bol grande. Unha vez todos no bol, mestúroo ben coa batidora.

Se unta un molde grande (eu uso un deses de cristal) con manteiga e se espolvorea con fariña e repártese uniformemente polo molde (é para que non se pegue)

Vértese o contido do bol no molde e introdúcese no forno. Ao cabo dunha media hora picar cun tenedor para ver se está, se o tenedor sae limpo xa o podemos sacar. Creo que o meu forno non funciona moi ben e ao meu lévame máis de 3/4 de hora.

¡Non esquecervos de apagar o forno!

Unha vez desvelado o segredo, ídesme a dicir que levo eu, cando me inviten a comer ¿eh? Acéptanse suxerencias…

6 RespostasLa Super-Tarta de Queixo to “”

  1. breogainon 11 dec 2007 at 3:45 pm

    a ver se a miña muller se anima, eu xa teño á miña nai que a fai dende hai unha chea de anos, por certo, e o flan de café do que ela é unha experta, probáchelo algunha vez…umm, unha pasada.

    saúdos.

  2. carmiñaon 11 dec 2007 at 4:22 pm

    ¿e ti porque non te animas? Meu fillo de oito anos (con supervisión materna) é capaz. Son dez minutiños de nada,… e daslle unha sorpresa á tua muller que seguro que sello merece,….
    Saudos,….

  3. carmiñaon 11 dec 2007 at 5:34 pm

    Se me nota a vena feminista ¿non?

  4. breogainon 12 dec 2007 at 8:59 am

    algo…jajaja, eu xa cociño de cando en vez, o meu é limpa-lo piso, ademais gústame e son o encargado, somos unha parella moderna e repartimos os traballos da casa, o que non quero, máis ben non teño idea de facer é pasa-lo ferro, iso é moi complicado, sobre todo as camisas…jeje.

    un saúdo.

  5. carmiñaon 12 dec 2007 at 9:55 am

    ja,ja,ja,… penso co do ferro debe ser algo xenético, do cromosoma Y, porque a meu home pasalle o mesmo,…..

  6. luison 15 dec 2007 at 8:01 pm

    ai, pero mira que son parvo, que aínda me decatei hoxe que tiña o blog de contacontos en galego tamén! Se é que un é tan despistado… Pois a ver se me animo a facer a tarta de queixo, encántame cociñar! O de pasar o ferro é cuestión de práctica e paciencia, e as mulleres outra cousa non, pero paciencia,… So teño que ver miña nai! Pobre! Un saúdo!

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta