dec 16 2007

Pre-Nadais: Unha locura

Publicado por contacontos ás 7:19 pm en Sen clasificar

Bo, só comentar que as pre-Nadais son moi estresantes, tantas cousas que facer en tan pouco tempo. E iso que unha é previsora e xa ten comprado algúns agasallos en novembro, pero aínda así píllame o touro, este ano coas postais do Nadal: “Quen moito abarca, pouco aperta”, pero sempre acabo saíndo de todas as lameiras nos que me meto, máis tarde ou máis cedo.

Para facervos máis doce a espera, mentres non fago ningunha entrada de verdade ou algún comentario máis ou menos interesantes noutros blogs que leo, déixovos un vídeo de “Luar na Lubre” que vin no programa “Miraxes” da Galega, gustoume tanto que quero compartilo convosco.

Tamén recordarvos que nestes Nadais compredes música galega, é unha boa opción para calquera bo agasallo. Biquiños……

2 RespostasPre-Nadais: Unha locura to “”

  1. paideleoon 17 dec 2007 at 12:55 pm

    Esa canción é unha marabilla.
    Que o estrés remate con ben.

  2. breogainon 18 dec 2007 at 3:52 pm

    Son un namorado deste grupo, teño varios discos deles e tamén cheguei a coñecelos e falar con eles en varias ocasións, Bieito Romero é un grande músico e un home extraordinario, moi namorado da súa terra e moi comprometido con ela, agora con Sara Vidal non tiven a sorte de falar nunca, xa comentei no meu blog o da súa incorporación ao grupo hai tempo
    http://breo.blogaliza.org/archives/227
    paréceme que ten unha fermosa voz e que ao mellor un troco de solista deulle un pouco de frescura ao grupo, inda que Rosa Cedrón tiña tamén unha voz alucinante.

    Un saúdo Carmiña e parabéns polo post, fantástico.

URI do trackback | RSS dos comentarios

Deixa unha resposta