feb 28 2008

Xogando a pais e nais

Publicado por contacontos ás 10:15 pm en Xeral

O 26 de febreiro foi un día aciago para as mulleres, catro mulleres nunha soa xornada morreron a mans das súas parellas.

Por moitas leis que haxa, por moitos xulgados que haxa, por innumerables promesas electorais que se fagan, non se conseguirá nada, se non conseguimos que cambien a mentalidade dunha gran parte da sociedade que ve na muller un mero obxecto de posesión, sen voz, nin personalidade para decidir…. Na nosa man está repudiar cada vez máis a quen desprece a unha muller na nosa presenza, aínda que sexa só un mal xesto, se ese mal xesto é simplemente porque ela é muller, “quita , que ti diso non entendes”…. cantas veces escoitámolo. ¡por aí empezamos!

Comecemos a cambiar isto, pídovos un momento só para que vexades este vídeo impresionante que me pasaron fai unhas horas e que non puiden evitar colgar da miña blog, a pesar de que ultimamente estou un pouco leada e bastante cansa, prometo volver á acción deica pouco (pero é o que ten ser nai, traballadora e ama de casa, ou sexa traballadora por partida dobre):
PAPAS Y MAMAS - DADDIES & MUMMIES - video powered by Metacafe

Visto na seguinte dirección: 

RSS dos comentarios

Deixa unha resposta