mar 26 2008
10.000 ¿a.C.?
Antes de nada: confésoo non vin a película. Pero o trailler que vin bástame para dicir que, de novo, os americanos volveron a meter a pata, e neste caso de mamut, pero ben metida…..
Ata “10.000″ que imaxe vos vén á cabeza dun mamut?….. tic-tac, tic-tac, tic-tac: ¡Xeo!, moito xeo,… O mamut é un animal prehistórico que coincidiu co home durante o período Paleolítico (quedarvos tamén con este dato: PA-LE-O-LI-TI-CO). A súa pel lanuda era un arma eficaz contra os frios glaciares, onde transcorreu a súa vida….
Que outros animais ademais do home convivía co mamut? O tigre dentes de sabre ou esmilodón que aparece na película? No 10.000 a.C estes animais achábanse ao bordo da súa extinción, ao terminar o período glacial no que se desenvolveu a súa vida….
En canto ao home cal era a súa situación no 10.000 a.C.? Pois o home estaba no fin do período Paleolítico, nalgunhas comunidades, moi escasas, estábanse preparando para dar o salto ao Neolítico, pero na maioría das comunidades humanas o home ía pasar por un período chamado “Epipaleolítico” na que a economía e a industria lítica era moi similar á do período anterior, salvo as consecuentes adaptacións ao novo clima, os glaciares ían remitindo e o clima volveuse máis tépedo e xa que logo irrompen novas especies vexetais e animais.
E que vemos ou albiscamos no trailer….. observade:
- Mamuts e tigres dentes de sabres nun clima cálido. ¡Non sobrevivisen nin media hora! A maioría dos mamuts que sobreviviron ao fin da glaciación fixérono en climas de tundra.
- Mamuts “DO-MES-TI-CA-DOS” polo home. atrás quedarán os ovicapridos como primeiros animais en ser domesticados. O primeiro en realidade foi o can, pero do can ao mamut hai un bo treito.
- Metal no 10.000 a.C. , o primeiro metal en ser utilizado foi o cobre, cara ao fina do Neolítico (5.000 a.C.)
- Zigurats ou Pirámides, o primeiro zigurat é o Kashan do 5.000 a.C. e a pirámide graduada do rei Zoser data de ao redor de 2.750 a.C.
Hai algo nesta película que realmente sexa do 10.000 a.C.?
O que máis me amola de todo isto, é que moitas persoas quedarán con esta idea da prehistoria, verán a película e non lerán os libros. É duro, pero é así,…. Creo que deberián pór un aviso antes que dixese: “calquera parecido co devir dos feitos históricos é pura casualidade, o que vai ver é froito da fantasía dunha mente calenturienta, que lle gustou que o desenvolvemento da humanidade fose máis divertido e emocionante…”. Pero bo que se lle vai a pedir a un director que unha vez fíxonos crer que Will Smith era o presidente dos U.S.A. e que vencía o solito a unha superpotencia alieníxena subido na súa super-reactor.