Volvo ler o das 7 Marabillas e paréceme unha solemne tonteria. Todos os xornais fanse eco de que a Allambra de Granada non está entre as 10 máis votadas a 7 Marabillas do mundo. ¡que pena! ¿non?
Pero miremos a lista das 10 máis votadas: a Acrópole de Atenas, a Pirámide de Chichen Itza, o Coliseo romano, a Torre Eiffel, a Gran Muralla Chinesa, o Machu Picchu, Petra, as Estatuas da Illa de Pascua, o Stonehenge e o Taj Mahal.
Cal destas quitamos para deixar paso a ? Eu voto pola Torre Eiffel, ¡non se! Sáeme a vea de Arqueóloga, que segue correndo dentro da miña. Fixarvos senón que salvo a torre de Paris, todas son anteriores a mediados do século XVII (máis de 3 séculos e medio, sen ningunha marabilla).
Ben, quitamos a Torre Eiffel e pomos a Alhambra de Granada, pero ¿por que La Alhambra e non outras marabillas?, como: a Igrexa de Santa Sofía, o Templo de Kiyomizu,os templos de Agkor, o Kremlin, o Castelo de Neuschwanstein, a Estatua da Liberdade, a Estatua do Cristo Redentor, a Ópera House de Sydney e o Timbuktu, en Mali.
E sigo preguntandome e ¿por que non está a Catedral de Santiago e toda a súa contorna?
As 7 Marabillas do Mundo foron designadas a principio de nuesta era, onde o “Mundo” limitábase basicamente ao Mediterráneo occidental, o que é evidente se nos fixamos detidamente nas primitivas 7 Marabillas e a súa localización:
1. Gran Piramide de Giza (Exipto)
2. Os Xardíns Colgantes de Babilonia (Iraq)
3. O Templo de Artemisa en Efeso (Turquia)
4. A estatua de Zeus en Olimpia (Grecia)
5. O Mausoleo de Halicarnaso (Turquia)
6. O Coloso de Rodas (Grecia)
7. O Faro de Alejandria (Exipto)
Ao ampliar o “Mundo” teriamos que empliar as Sete Marabillas, quizá as 20 Marabillas, ou as 30.
Como vemos na selección só se colleron conxuntos arquitectónicos, ¿por que non a “Capela Sixtina”? ¿Altamira? ¿O Guernica? ¿Os guerreiros de Xi’an?
¿Cales son as vosas “7 Marabillas”?