Archive for the 'Sen clasificar' Category

xan 11 2008

As series enganchan

Published by contacontos under Sen clasificar

Como algúns xa sabeis, porque non me canso de repetilo apenas teño tempo para nada. Todo o día a correr, a miña vida é unha carreira a contrareloj desde as 7 da mañá ata as 9 da noite non paro. Despues de ler un pouco con Pedro, ás nove e media, e cun pouco de cea, tírome (literalmente) no sofa e a ver o que me boten.

Realmente o que me boten: non. Unha ten os seus gustos. Gústanme as series. Fai uns anos era máis de películas, pero, entre que a maioría que botan son americanas dos últimos tempos (que non teñen nada que achegar á sétima arte) e que, entre anuncios e demais, duran ata as tantas, pois se me quitaron as ganas de velas. Ademais as que me adoitan interesar xa as vin antes en vídeo e, as menos, no cine (para iso xa non teño apenas tempo e paréceme abusivo o prezo das entradas)

O caso é que nos últimos tempos fíxenme afeccionada ás series. As españolas sígoas pouco, para algunha que empezo a facerlle un pouco de caso, cámbianma de horario, e como non me interesa “Aqui non hai quen viva”, “Aida” ou “Os Serranos” téñome que aguantar. Así que só quedan as americanas.

anatomiagrey.jpg

A miña serie favorita nestes momentos é “Anatomía de Grey“, ademais das obvias razóns que comentei anteriormente, gústame porque ten algo de comedia de situación: moitas historias que se cruzan, sen chegar á perversión doutras series, onde todos léanse con todos (paréceme unha absoluta falta de recursos por parte dos guionistas)

Tamén me gusta moito “House”, sobre todo por el, porque o imos a negar. Ten ese punto de “mala-leche” que mosquea, sobre todo para ver onde se vai a equivocar, porque aínda que non o pareza equivócase constantemente, “ao final, nunca é lupus”

Pero realmente o que máis me gustan non son as series de médicos, senón as de policías, pero xa nada me sorprende, ¡tantas vin! (desde “Starsky e Hutch” e os “Homes de Harrelson” ata “Irmáns e Detectives”, pasando pola memorable “Brigada Central”). Agora a que máis me gusta é “Monk” e “The Closer” (Roberto enfádase comigo porque di que a tipa é moi fea, non sei, penso que cando unha muller é a xefa a moitos non lles gusta).

Pero xuntando os dous tipos de series anteriores, chegardes ás realmente que máis me gustan: as serie de forenses, se, xa se que estais pensando en C.S.I, pero non, as que me gustan máis son “Bones” (é en realidade dunha antropóloga forense, un pouco máis “científica”) e sobre todo “Crossing Jordan” (a clase de muller independente e segura de si mesma que a todas nos gustaría ser)  , recoméndovola.

Pero como vos dareis conta, todas as serie menos unha, son protagonizadas por mulleres, (a verdade que duas, pero en House a xefa é unha muller con carácter), o cal levábame a comentarvos o meu descubrimento deste ano (¡como fío os temas!): “Men in trees”, unha mestura de 2 das mellores series que botaron nunca na vida na televisión: “Doutor en Alaska” (todos preguntámonos porque a puñan a esas horas) e “Sexo en Nova York” (a serie que nos fixo crer ás mulleres que os “tíos bos” tamén existen: nalgún sitio, non se sabe onde, pero dalgún sitio tiñan que saír tantos).

Pero como non todo ían ser encomios, entre as series tamén hai bodrios inaguantables, como a nova de David Duchovny (síntoo para os fans de “Expediente X”, pero ha caido moi, pero que moi baixo): “Californikation”, o nome xa o di todo, é realmente vomitiva, e non me interpretedes mal, non me refiro ás escenas de “erotismo” gratuíto, non, refírome á falta de ideas dos guionistas, moi malos, non: “soberanamente” malos.

Esta entrada foi inspirada por un post de Breogain en “A ponte vella”

One response so far

dec 16 2007

Pre-Nadais: Unha locura

Published by contacontos under Sen clasificar

Bo, só comentar que as pre-Nadais son moi estresantes, tantas cousas que facer en tan pouco tempo. E iso que unha é previsora e xa ten comprado algúns agasallos en novembro, pero aínda así píllame o touro, este ano coas postais do Nadal: “Quen moito abarca, pouco aperta”, pero sempre acabo saíndo de todas as lameiras nos que me meto, máis tarde ou máis cedo.

Para facervos máis doce a espera, mentres non fago ningunha entrada de verdade ou algún comentario máis ou menos interesantes noutros blogs que leo, déixovos un vídeo de “Luar na Lubre” que vin no programa “Miraxes” da Galega, gustoume tanto que quero compartilo convosco.

Tamén recordarvos que nestes Nadais compredes música galega, é unha boa opción para calquera bo agasallo. Biquiños……

2 responses so far

dec 09 2007

La Super-Tarta de Queixo

Published by contacontos under Sen clasificar

A petición do persoal, cólgase a receita da SUPER TARTA DE QUEIXO.

Se que fago mal, porque a partir de agora, non serei xa “Carmen, a que fai a “super-tarta” de queixo”, será unha máis da chea das que fan a SUPER TARTA DE QUEIXO

Non me enrolo máis, e aí vai:

INGREDIENTES

6 quesiños (dos do Caserio de toda a vida ou similares)

6 ovos (de galiña, claro, de aveztruz non valen)

2 iogures naturais (logo utilizaremos un deles como medida do resto de ingredientes). Pódense usar de vainilla que lle dan un toque especial (truqui da casa)

4 vasos de leite (utilizamos o envase de iogur como medida)

2 vasos de nata líquida (eu vouto directamente 2 paquetes dos pequenos de nata)

3 vasos de azucre (como non me gusta moito o doce, eu vouto un pouco menos: 2 vasos ben cheos)

2 vasos de fariña.

PREPARACIÓN

Acéndese o forno á máxima temperatura (primeiro paso imprescindible)

Vanse botando todos os ingredientes nun bol grande. Unha vez todos no bol, mestúroo ben coa batidora.

Se unta un molde grande (eu uso un deses de cristal) con manteiga e se espolvorea con fariña e repártese uniformemente polo molde (é para que non se pegue)

Vértese o contido do bol no molde e introdúcese no forno. Ao cabo dunha media hora picar cun tenedor para ver se está, se o tenedor sae limpo xa o podemos sacar. Creo que o meu forno non funciona moi ben e ao meu lévame máis de 3/4 de hora.

¡Non esquecervos de apagar o forno!

Unha vez desvelado o segredo, ídesme a dicir que levo eu, cando me inviten a comer ¿eh? Acéptanse suxerencias…

6 responses so far

dec 05 2007

Lembranzas,….

Publicou recentemente meu primo Andrés no seu blog esta foto, que me trouxo lembranzas de 2 veráns indelebles da miña vida….


Dou unha pista: está relacionado coa foto que aparece na cabeceira do meu blog en castelan.

3 responses so far

ago 08 2007

As veces, ser muller ten as suas ventaxas

Published by contacontos under Sen clasificar

Vou ter que aumentar a miña dose de café. Nun recente estudo (visto en El Mundo) da revista Neurology determinou que a cafeína protexe a memoria nas mulleres. Desde os meus embarazos, limitei a miña dose de café ao almorzo da mañá, iso si en cunca XXL, ¾ de café e un de leite, algún que outro café das comidas familiares, un té nas tardes de outono e inverno que me quedo en casa e algunha Coca Cola estival para subir a miña tensión. É bo saber que estes ritos, non me van a provocar o Altheimer e tampouco van baixar a miña mala memoria innata que intento paliar desde fai moito tempo a través de rutinas que me impediron que fai moitos, moitos anos nunca perda unhas lentes ou unhas chaves, ¡non todos poden dicir o mesmo!

Hai pouco tamén lin que a cervexa ten as mesmas calorías que un tomate e que a dose que as mulleres podemos tomar ao día (3 cervexas) é maior que a dos homes (2 diarias). Así mesmo, a cervexa é moi boa para previr a osteoporose, ademais non produce para nada barriguilla.

Pero mozos, isto é só para mulleres, porque hai estudos que di que o alcol feminiza aos homes: ¡Vós veredes!

Pero esto último tampoco é problema, ya que dín que por que dín que as mulleres os preferimos femeninos.   Desde logo:  o que non se consola é porque non quere non quere.

No responses yet

xull 23 2007

¿qué facer co aceite de fritir?

Published by contacontos under Sen clasificar

Eu non son de usar moito aceite, pero sempre me preguntei que facer e confésoo fixen o que todo o mundo: ¡cañería abaixo!, pero acabo de recibir a seguinte información (vía:”o indio que acompaña ao llanero solitario”), e quero que alguén me diga se é correcto isto:

IMPORTANTE MENSAXE DE NON MÁIS DE DOUS MINUTOS DE LECTURA:

Sabes onde tirar o aceite das frituras ou de todos os alimentos que frites en aceite, feitos en casa?
É bo divulgar unha información como esta. Aínda que non cociñemos moitos alimentos fritidos en aceite, cando o facemos, normalmente tiramos o aceite usado na pileta da cociña ou nalgún outro sumidero, verdade?
Ese é un dos maiores erros que podemos cometer: ¡¡¡UN LITRO DE ACEITE CONTAMINA PRETO DUN MILLON DE LITROS DE AUGA!!! Cantidade suficiente para o consumo de auga dunha persoa durante 14 anos. Por que o facemos? Simplemente porque non hai ninguén que nos explique como facelo en forma axeistada. O mellor que podemos facer é:
1.- Esperar, aínda que iso tómeche un pouco mais de tempo, a que o aceite usado arrefríese;
2.- Colocar o aceite de desperdicio arrefriado nunha botella de plástico (como as Coca Cola, suavizante, etc.);
3.- Pechala e colocala logo no lixo de reciclar plásticos

¿Pódese botar o aceite no colector dos plásticos? En Pontevedra, creo que en Barcelos, hai un colector de aceites, un de cor negra, con dúas tapas na parte superior, pero sempre pensei que era para o aceite dos coches, pódese levar aí?
¡Que alguén conteste! ¡É importante!

No responses yet

abr 18 2007

E saliole o tiro pola culata

Published by contacontos under Sen clasificar

Ao final tanta propaganda, termina por chuspirlles á cara. O novo eslogan de TeleMadrid (ou Tele Espe): “Espello do que somos”(Espejo de lo que somos), converteuse, nun coloquial: “Espe fode o que somos”(Espe jode lo que somos) …

Mais informaçao: en El Mundo (aínda que parecezca mentira)

No responses yet

abr 18 2007

Conversa subrealista

Published by contacontos under Sen clasificar

Desde empresa con máis de 1500 usuarios a empresa proveedora de servizo de correo electrónico:

- Bos días, chámoche desde XXXX, hoxe non me funciona o correo electrónico e os nosos clientes chámannos para queixarse.

- Séntoo, resulta que “Manu” non chegou aínda (son a 10:30 da mañá), pero mándelle un correo a “Fer”.

- ….. (¡que non che decatas, Contreras!, pero non che dixen que non me funciona o correo, que se lle vai a facer,….) …..

¡Vivan as TIC, e o I+D+I !

No responses yet

nov 17 2006

La ineptitud: El pan nuestro de cada día

El otro día en el “Jabalí Digital” vi el siguiente vídeo:

que me recuerda lo mucho que soportamos muchos de nosotros, viendo como tres, cuatro o cinco cabezas pensantes (?????) se obcecan en discurtir cosas, que para el común de los mortales, con un mínimo de inteligencia le resultan obviedades: dos horas para discutir algo que al cerebro de un Homo Sapiens Sapiens le cuesta media milésima de segundo descifrar: ¡de algo habra que discutir”.

Tambien me vino a la memoria aquel viejo chiste de los “remeros japoneses”, y ahora todos estaremos pensando en nuestra empresa o centro de trabajo, porque pocos son los lugares en España donde no hay una o dos personas trabajando y 10 dirigiendo….. (¿algún ejemplo?)

Y como, los que me conoceis, ya sabeis que los chistes no son los mio, os recuerdo aquí ese viejo chiste, que he sacado de la página web de un consultor de empresas, lo cual ya nos está dando una pista de por donde va los tiros en las empresas hispánicas:

Cuentan los más veteranos que, hace pocos años, se celebró una competición de remo entre dos equipos de empresas del mismo ramo, una japonesa y la otra española. Tras dar la salida los remesos japoneses imprimieron un fuerte ritmo, empezando a destacarse claramente de los remeros españoles. En la meta, la ventaja del equipo oriental acabó siendo de una hora. La dirección de la empresa española se reunió entonces para analizar las causas de tan bochornosa actuación, llegando a la siguiente conclusión:“Se ha podido observar que en el equipo japonés había un jefe de equipo y diez remeros, mientras que en el nuestro había un remero y diez jefes de equipo, por lo que el año próximo se adoptarán las medidas adecuadas.”

Al año siguiente se repitió la competición y, nuevamente, el equipo japonés empezó a destacarse desde la primera remada; esta vez la ventaja obtenida fue de dos horas y media sobre los españoles. La Dirección volvió a reunirse, tras la bronca de Gerencia, para estudiar lo sucedido y vieron que ese año el equipo japonés de nuevo se compuso de un jefe de equipo y diez remeros, mientras que en el suyo, tras las eficaces medidas adoptadas el año anterior, se componía de un jefe de equipo, dos asesores de gerencia, siete jefes de sección y un remero. Tras un minucioso análisis, se llegó a la siguiente conclusión:

“El remero es un inepto.”

Un año más tarde, como no podía ser diferente, el equipo japonés escapó nada más darse la salida. La embarcación española, que aquel año se había encargado al Departamento de Nuevas Tecnologías, llegó con tres horas de retraso. Tras la regata, y a fin de evaluar los resultados, se celebró una reunión al más alto nivel en la sexta planta de la sede social, llegándose a la siguiente conclusión:

“Este año, el equipo nipón optó una vez más por su ya tradicional tripulación, formada por un jefe de equipo y diez remeros. El nuestro, tras una auditoría externa y el asesoramiento especial del Departamento de Organización optó por una formación mucho más vanguardista, que se compuso por un jefe de equipo, tres jefes de sección con plus de productividad, dos auditores externos y cuatro vigilantes de seguridad que no quitaban el ojo al único remero, al que habían sancionado quitádole todos los pluses e incentivos por el fracaso registrado el año anterior.”

Tras varias reuniones, se acordó que, “para la próxima regata, el remero será de contratación externa, toda vez que a partir de la décimoquinta milla marina se ha venido observando cierta dejadez en el remero de plantilla, actitud que rozó el pasotismo en la línea de meta.”

No responses yet